sábado, 16 de noviembre de 2013


TRAMOIAS POLÍTICAS GALEGAS II.
 PLAUSIBLE LEALDADE DE PALMOU A FRAGA. 

Del blog VERBO SUELTO, de Antonio José Parafita Fraga.

Todo home e toda nación, teñen o sagrado dereito e mesmo a obriga de preservar as súas señas de identidade e as diferencias, no nome do seu futuro e tamén do seu pasado. Polo demais, a lembranza do pasado é o modo máis axeitado de facer xusticia no presente. Tamén se adoita dicir que calquera tempo pasado foi mellor, pero iso non sempre é así, porque na realidade da vida este aserto non se cumpre con exactitude. En todo caso, o rigurosamente certo é que o tempo transcurrido pasa a engrosar o patrimonio da intrahistoria das persoas e dos pobos.     
Así pois, o autor deste artigo fai a salvedade de que se trata dunha reproducción dos avatares políticos e tremoias da cuarta lexislatura de Fraga Iribarne, coa pretensión de que os recordos daqueles feitos e dos persoeiros públicos e relevantes que os protagonizaron, servan para   manter viva unha boa parte da historia de Galicia e para que os lectores poidan rememoralos desde a súa propia óptica, se así o desexan.     
Como o relato ten que facerse en diferido, parece axeitado centra-lo e referi-lo ao transcorrido no ano 2005, momento en que XESÚS PALMOU estase a revelar coma o gran activo político que ten o PPdeG. E despois, aínda dicían algúns que non había no PPdeG quen estivese capacitado e tivera o tirón suficiente para dar continuidade aos proxectos do PP e as ideas de seu fundador, Fraga, ou axudar ao entonces Presidente da Xunta a empurrar do carro electoral para acadar e gañar, por mayoría, unha quinta lexislatura. ¡Vaia erro de apreciación política o que estaban a cometer os políticos da oposición en Galicia!.
Non se enteraban, porque cada vez que Palmou facía unhas declaracións, temblaban os cimentos da estructura político/partidista e organizativa no que atinxía as posibilidades de alternativa seria e real da oposición na Comunidade Autónoma galega. Asemade, cando Fraga Iribarne facía ofrecementos/ofertas de diálogo e pactos de solidariedade autonómica, tanto ao BNG coma ao PSdeG-PSOE, en relación ao cumprimento do Plan Galicia, os galegos outorgabanlle unhas ducias máis de votos a él, ao auténtico líder, e ao seu PP.
De tal xeito isto era así, que desde a esquerda nacionalista galega e tamén  desde o PSdeG-PSOE non poden senón exclamar: ¡qué lástima e qué pena que Baltar e Cuiña deixaran de insistir en quitar do medio da escea política pepera a Palmou, ou, polo menos, dalgún cargo de responsabilidade no PPdeG!, porque  o Secretario Xeral dos populares galegos, Xesús Palmou, era, sen dúbida, nese intre, o adversario político número un da esquerda en Galicia.
Pero, mesmo parecía que a xente do BNG e os dirixentes do PSdeG-PSOE, non querían decatarse desta realidade en términos de descubrir cal era e  dónde estaba a dificultade para poñer fora de combate político/electoral ao PP. Faltoulle visión política a oposición. Xa que ésta tiña que deixarse de perde-lo tempo cos ataques sistemáticos a Pérez Vareta e a López Veiga, porque, non eran precisamente estes os principáis adversarios políticos que tiña a esquerda en Galicia, sobre todo, o primeiro. Pois, Xesús Pérez Várela, para a esquerda desta Autonomía galega foi inofensivo.
Hai que preocuparse e ocuparse dos demais. Cuestión moi diferente era a  talla e a imaxe social, pública e política do Conselleiro de Pesca, López Veiga. Polo demais, o seu inequívoco alineamento e posicionamento cos prantexamentos do PPdeG, facíano acreedor dun importante patrimonio político.
Touriño e Quintana, naquel momento debían haber autoimpoñerse como tarefa de traballo político ler vinte veces o que dicía Palmou cada vez que abría a boca para facer declaracións e valoracións políticas, e tamén copiar corenta veces as propostas de colaboración que facía Fraga, de modo reiterdo, a oposición en Galicia, para que non olvidaran quenes debían ser os destinatarios da súa acción política nas distintas intervencións públicas nas que tiveran que participar. 
Os partidos da esquerda política desta Comunidade Autónoma galega, non  acababan de entender que os homes fortes no PPdeG eran Fraga e Palmou, e, por  conseguinte, con eles había que dialogar e negociar o que mellor conviñera os intereses da esquerda e as súas concepcións e estratexias para o desenvolvemento de Galicia, debendo ter unha especial precaución política en canto os acordos que se poideran formalizar para esixir o cumprimento do Plan Galicia e os que se propoñan en materia de infraestructuras, pois podía ocorrer que a rendabilidade política destes consensos fora a parar só ao PP.
Aínda que, desde a esquerda, non se debía perder de vista nin deixar de ter en conta que o destinatario dos beneficios sociais e públicos de tales alianzas e pactos sempre tería que ser básicamente a sociedade galega, induso antes cos partidos políticos e as súas políticas partidarias.
O caso era que, respeto a convocatoria das eleccións autonómicas, a oposición para poder ser unha verdadeira alternancia en Galicia, había  que vixiar as  actuacións políticas e as "compoñendas"da oposición co PP e  do PP coa oposidón, ou non é este Partido, o PPde G, a quen hai que vencer nas urnas desde a actual oposición?.
As enquisas feitas e publicadas en relación coas eleccións Autonómicas galegas, non eran máis cá iso, enquisas, nas que todo mundo ocultaba a verdade da súa opción política e mesmo da súa intencionalidade de voto. Polo que había que falar de erros de cálculo e tamén de erros sistemáticos nelas, motivo da pouca e relativa fiabilidade e credibilidade das enquisas, no que se refire a determinación da tendencia do voto cidadán.  
Aparte de que Fraga descubriu e desvelou o relativismo das mesmas, dalgunha, pola identificación e asodación dos seus autores e os posibles intereses políticos de Touriño. En definitiva, non reflicten a tendenda política dos votantes galegos. Tampouco, se debía olvidar, desde o punto de vista político/electoral, que no horizonte das eleccións autonómicas galegas, que xa preocupaban, estaba, ou podía estar, a garantía dunha maioría absoluta do PPdeG, a marxe dos pactos pre ou poselectorais,  que poideran facerse naquelas circunstancias entre BNG e o deG-PSOE.
En conclusión, os bos estrategas políticos da esquerda en Galicia non debían perde-las perspectivas electorais, dentro dos seus obxectivos partidarios, pero sin deixar de lado os intereses dos cidadáns galegos, xa que, en democracia, o pobo sempre pide contas nas urnas.

 Del blog VERBO SUELTO, de Antonio José Parafita Fraga.

 ANTÓN DE ALONSO, (xornal.com, 3 de febrero de 2005).



Etiquetas: TREMOIAS POLÍTICAS GALEGAS. PLAUSIBLE LEALDADE DE PALMOU A FRAGA.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario