sábado, 9 de noviembre de 2013


QUEIXUMES DUN MORTO DIANTE DA MORTE.
MACABRO E HILARANTE DIÁLOGO.
Del blog de Antonio José Parafita Fraga.
Pola irrefutabilidade dos feitos experimentados, non me queda máis remedio que admitir que saíches coa túa, obrigándome a ir contigo contra a miña vontade, pero non che arrendo a ganancia porque non levas gran cousa. Agora ben, se me dis para qué me queres con tanto interés aló, eu dígoche cánto podes gañar é cál é o teu beneficio levándome. ¡Tamén fai falla ser caprichosa e non ter qué facer!. Nin tan siquera tes en conta os dereitos fundamentais que me dou o Xefe, coma a liberdade, non, ti o teu.
 Chámame a atención a túa impasividade ante tantos alcumes e motes como recibes, que precisamente non son unha dedicatoria cariñosa senón máis ben un rechazo total a activiade que realizas e o empeño que tes en montar a túa vida a conta da nosa morte. Vouche lembrar algúns deles, por se che poden axudar a ter un pouco máis de acougo e tranquilidade: Parca cruel, Catrina, Pálida, Cierta, Impía, Chirripusca, Tiliga, Mocha, Pachona y Jedionda. E, polo que vexo, a ti dáche  igual, porque para ti o negocio é negocio, e ademáis non tes amigos.
Dunha vez por todas, tes que entender que iso é puro egoísmo, polo que  che aconsello que non te olvides de que a avaricia pode romper o saco. Xa sei, xa, que tes a plena seguridade de que a corda sempre rompe polo sitio máis feble. Pero, non vaia ser que un día encontres con alguén que che pare os pes, dicíndoche abertamente que non che ten medo, e a ver qué fas entón cós teus instrumentos de atemorizar, coma, por exemplo, a gadaña, ou a qué se van adicar todolos teus anxos-mensaxeiros ou embaixadores, tantos como tes ó teu servizo: corvos, pegas, coruxas, chingolos, murciélagos, calandrias, gatos negros, zorros, mulas, cucos, galiñas e galos, e algúns cans, xeralmente palleiráns, que teñen a especial sensibilidade de percibir a túa inminente chegada aos sitios, e anunciala cos seus característicos ouveos ou aullidos.   
Mira, metendo medo, utilizando a forza e actuando por sorpresa é moi fácil levar a xente, pero tenta conseguilo pola vía do convencemento e a ver cántos van contigo. Poidera ocorrer que recibiras unha boa decepción, que tampouco che viña mal unha lección de humildade, para qué enganarnos. E xa non falemos do respecto ás ocupacións dós demáis, porque ahí é cando demostras a túa falla de solidariedade máis absoluta e de consideración hacia quen ten dereito a dispor de tempo para arreglar as súas cousas  con tempo.
Nese senso, é arrepiante observar a pouca sensibilidade que tes hacia os teus “clientes”, non avisándolles de antemán e coa mínima antelación, para poder prepara-las cousas que é necesario levar para tan longa viaxe, coa finalidade de estar entretido durante todo o percorrido. Pero menos correcto é todavía non dicirlles qué é o máis esencial para non ter que depender sempre dós demáis. Tampouco é tanto pedir. A veces, mesmo parece que actúas con desgana e coma se foras unha novata nas tarefas que tés entremáns e levas a cabo. Creo que é necesario, por respecto aos “viaxeiros” incondicionais, que procedas con moita máis profesionalidade, e, para iso, hai que prepararse a fondo, e non andar sempre a correr.
Asemade, non é exemplarizante da-la impresión de que desconfías de que alguén se escaquee, porque iso desanima moito ao personal. É necesario, pois, manifestar con feitos unha mayor confianza na xente, ou senón, díme, cántos perdeches de levar polo feito de que che faltaran a cita que ti lle puxeches. Honestamente, entendo que non debes queixarte de ninguén, xa que o farías  sin razón, e, incluso, de vicio.
Pero atende ben ao que che di este mortal, non se pode andar polos eidos da morte con eses criterios tan estreitos, porque o fin e o cabo sempre levas a “barca a tope”, sobre todo, en pontes, fins de semanas, saídas e regresos de vacacións, e outros momentos especiais, ata o extremo de que se sabe que o remeiro Caronte está canso de tanto traballar sen os correspondentes días de  descanso. Ou sexa que estamos no de sempre e no de moitos,  a explotación dós que teñen ou tedes o poder.
A maiores, aínda hai que soportar e padecer os abusos e excesos en canto a pasar tanto, tanto, tanto, tantísimo tempo sen vir a dar unha volta a ve-los teus e tomar un tempo de asueto, así como para romper a insoportable monotonía daló, porque, polo menos ti, Parca, ves de vez en cando a ve-la túa xente. E a propósito, permite que che diga que non abuses, porque  o fenecido, coñecido tamén polo nome de occiso, cando chega ao límite da súa “inactividade” empeza a preguntar cousas ás que non sempre se lle pode respostar para que quede tranquilo, sendo entón o momento da súa máxima perigosidade para a quietude do sistema “da vida” post mortem.
Xeralmente, o gran erro que se comete nesas latitudes do “averno”, é pensar que a alma non se cansa, e claro, de ahí veñen ou proveñen as cerrazóns históricas con relación ao tempo “libre”, chegando incluso a intentar resolve-los conflictos tratando de convencer aos “revoltosos” de que o tempo non existía para eles, a ver si así se tranquilizaban. E polo de agora, vai habendo paz e boa disposición en canto a que cadaquén se “descompoña” só cando lle toque ou corresponda.
Por último, non me quero esquecer de lembrarlle que os problemas dos vicios estánse a solventar, porque case que todos  teñen os mesmos, pero resulta que a Parca, cando ven a esta orilla, encontrase con que hai tempo para perde-lo e ela empleao precisamente en liarse con Caronte. Mentras tanto, os de dentro do “averno”, só lles queda sentir non haber empleado o tempo que se lles dou aquí para vivi-los vicios, porque alí fáltalle a infraestructura para face-lo. Bueno, despois de todo, ista é lei da morte, e ti eres o seu xurisconsulto e intérprete.
Con todo, non quero entrar na eternidade sen dicirlle que me amola moito observar a súa parsimoniosa pasividade e indiferencia ante os problemas dos que xa pasamos a situación de fenecidos e cós de aqueles que estamos nás listas de espera do teu “noxento negociado”. A túa tranquilidade semella falta de preocupación polos  “clientes”.
E, por Dios, perdón por nomear ao meu Xefe, evita dar esa pésima sensación de que estás pletórica de satisfacción cada vez que enches a barca. Habría que preguntarlle ao barqueiro de Hades, Caronte, se tanto traballo lle produce ledicia ou, pola contra, agobio, por estar a facer sempre o mesma tarefa, de ir e vir “remando” pola laguna de Estigia, sen tempo para o mínimo lecer.
Del blog VERBO SUELTO de Antonio José Parafita Fraga, escritor y comentarista de temas sociales y políticos. 

       

No hay comentarios:

Publicar un comentario