TRAMOIAS POLÍTICAS
GALEGAS II.
PLAUSIBLE
LEALDADE DE PALMOU A FRAGA.
Del blog VERBO SUELTO, de Antonio José Parafita Fraga.
Del blog VERBO SUELTO, de Antonio José Parafita Fraga.
Todo home e toda
nación, teñen o sagrado dereito e mesmo a obriga de preservar as súas señas de
identidade e as diferencias, no nome do seu futuro e tamén do seu pasado. Polo
demais, a lembranza do pasado é o modo máis axeitado de facer xusticia no
presente. Tamén se adoita dicir que calquera tempo pasado foi mellor, pero iso non
sempre é así, porque na realidade da vida este aserto non se cumpre con
exactitude. En todo caso, o rigurosamente certo é que o tempo transcurrido pasa
a engrosar o patrimonio da intrahistoria das persoas e dos pobos.
Así pois, o autor
deste artigo fai a salvedade de que se trata dunha reproducción dos avatares
políticos e tremoias da cuarta lexislatura de Fraga Iribarne, coa pretensión de
que os recordos daqueles feitos e dos persoeiros públicos e relevantes que os
protagonizaron, servan para manter viva
unha boa parte da historia de Galicia e para que os lectores poidan rememoralos
desde a súa propia óptica, se así o desexan.
Como o relato ten
que facerse en diferido, parece axeitado centra-lo e referi-lo ao transcorrido
no ano 2005, momento en que XESÚS PALMOU estase a revelar coma o gran activo
político que ten o PPdeG. E despois, aínda dicían algúns que non había no PPdeG
quen estivese capacitado e tivera o tirón suficiente para dar continuidade aos
proxectos do PP e as ideas de seu fundador, Fraga, ou axudar ao entonces Presidente
da Xunta a empurrar do carro electoral para acadar e gañar, por mayoría, unha
quinta lexislatura. ¡Vaia erro de apreciación política o que estaban a
cometer os políticos da oposición en Galicia!.
Non se enteraban,
porque cada vez que Palmou facía unhas declaracións, temblaban os cimentos da
estructura político/partidista e organizativa no que atinxía as posibilidades
de alternativa seria e real da oposición na Comunidade Autónoma galega.
Asemade, cando Fraga Iribarne facía ofrecementos/ofertas de diálogo e pactos de
solidariedade autonómica, tanto ao BNG coma ao PSdeG-PSOE, en relación ao
cumprimento do Plan Galicia, os galegos outorgabanlle unhas ducias máis de
votos a él, ao auténtico líder, e ao seu PP.
Pero, mesmo parecía
que a xente do BNG e os dirixentes do PSdeG-PSOE, non querían decatarse desta
realidade en términos de descubrir cal era e dónde estaba a dificultade para poñer fora de
combate político/electoral ao PP. Faltoulle visión política a oposición.
Xa que ésta tiña que deixarse de perde-lo tempo cos ataques sistemáticos a
Pérez Vareta e a López Veiga, porque, non eran precisamente estes os
principáis adversarios políticos que tiña a esquerda en Galicia, sobre todo, o
primeiro. Pois, Xesús Pérez Várela, para a esquerda desta Autonomía galega foi
inofensivo.
Hai que preocuparse
e ocuparse dos demais. Cuestión moi diferente era a talla e a imaxe social, pública e política do
Conselleiro de Pesca, López Veiga. Polo demais, o seu inequívoco alineamento e
posicionamento cos prantexamentos do PPdeG, facíano acreedor dun importante
patrimonio político.
Touriño e Quintana,
naquel momento debían haber autoimpoñerse como tarefa de traballo político ler
vinte veces o que dicía Palmou cada vez que abría a boca para facer
declaracións e valoracións políticas, e tamén copiar corenta veces as propostas
de colaboración que facía Fraga, de modo reiterdo, a oposición en Galicia, para
que non olvidaran quenes debían ser os destinatarios da súa acción política nas distintas intervencións públicas nas que tiveran que participar.
Os partidos da
esquerda política desta Comunidade Autónoma galega, non acababan de entender que os homes fortes no
PPdeG eran Fraga e Palmou, e, por
conseguinte, con eles había que dialogar e negociar o que mellor
conviñera os intereses da esquerda e as súas concepcións e estratexias para o
desenvolvemento de Galicia, debendo ter unha especial precaución política en
canto os acordos que se poideran formalizar para esixir o cumprimento do Plan
Galicia e os que se propoñan en materia de infraestructuras, pois podía ocorrer
que a rendabilidade política destes consensos fora a parar só ao PP.
Aínda que, desde a
esquerda, non se debía perder de vista nin deixar de ter en conta que o
destinatario dos beneficios sociais e públicos de tales alianzas e pactos
sempre tería que ser básicamente a sociedade galega, induso antes cos partidos
políticos e as súas políticas partidarias.
O caso era que, respeto a convocatoria das eleccións autonómicas, a oposición para poder ser unha verdadeira alternancia en Galicia, había que vixiar as actuacións políticas e as "compoñendas"da oposición co PP e do PP coa oposidón, ou non é este Partido, o PPde G, a quen hai que vencer nas urnas desde a actual oposición?.
As enquisas feitas e publicadas en relación coas eleccións Autonómicas galegas, non eran máis cá iso, enquisas, nas que todo mundo ocultaba a verdade da súa opción política e mesmo da súa intencionalidade de voto. Polo que había que falar de erros de cálculo e tamén de erros sistemáticos nelas, motivo da pouca e relativa fiabilidade e credibilidade das enquisas, no que se refire a determinación da tendencia do voto cidadán.

Aparte de que Fraga
descubriu e desvelou o relativismo das mesmas, dalgunha, pola identificación e
asodación dos seus autores e os posibles intereses políticos de Touriño. En
definitiva, non reflicten a tendenda política dos votantes galegos. Tampouco,
se debía olvidar, desde o punto de vista político/electoral, que no horizonte das
eleccións autonómicas galegas, que xa preocupaban, estaba, ou podía estar, a
garantía dunha maioría absoluta do PPdeG, a marxe dos pactos pre ou
poselectorais, que poideran facerse
naquelas circunstancias entre BNG e o deG-PSOE.
En conclusión, os bos estrategas políticos da esquerda en Galicia non debían perde-las perspectivas electorais, dentro dos seus obxectivos partidarios, pero sin deixar de lado os intereses dos cidadáns galegos, xa que, en democracia, o pobo sempre pide contas nas urnas.
En conclusión, os bos estrategas políticos da esquerda en Galicia non debían perde-las perspectivas electorais, dentro dos seus obxectivos partidarios, pero sin deixar de lado os intereses dos cidadáns galegos, xa que, en democracia, o pobo sempre pide contas nas urnas.
Del blog VERBO SUELTO, de Antonio José Parafita Fraga.
ANTÓN DE
ALONSO, (xornal.com, 3 de febrero de 2005).
Enviar por correo electrónicoEscribe un
blog: verbosuelto.blogspot.com Compartir con
TwitterCompartir con
Facebook